On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



XELA ARIAS, QUEDAS EN NOS de VV.AA.
XELA ARIAS, QUEDAS EN NOS

Autore
VV.AA.
Editor
Edicións Xerais de Galicia
Isbn
9788497822427
Clasificación
Estudios y biografías de escritores
Precio
€ 17,80

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, “ Xela Arias, quedás en nós ”, que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: “No pouso dos afectos” (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e compañeiras); “No silencio das palabras” (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); “Vencerse é cousa de se tratar” (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e “Un día tiven desexos e cumprinos” (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia. Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con “Denuncia do equilibrio” (Xerais, 1986), continuou con “Tigres coma cabalos” (Xerais, 1990), “Darío a diario” (Xerais, 1996) e rematou con “Intempériome” (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios