Este libro, Ortografía galega. Método práctico, axuda á aprendizaxe fácil e progresiva do galego escrito actual, a través de leccións e exercicios especialmente pensados para aquelas idades nas que é fundamental unha correcta comprensión e asentamento da ortografía, de xeito que esta deixe de ser un tedioso atranco no desenvolvemento intelectual dos nosos rapaces e rapazas.