On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



TEORIA DO CAOS (PREMIO XERAIS DE NARRATIVA 2001) de ALEIXANDRE, MARILAR
TEORIA DO CAOS (PREMIO XERAIS DE NARRATIVA 2001)

Autore
ALEIXANDRE, MARILAR
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483026945
Colección
EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Clasificación
Literatura en Gallego
Precio
€ 15,80

Paco, o alcalde de Santorén, recorda o que un día lle dixera Lucía, o seu amor primeiro, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: ?deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida?. Novela coidadosamente construída en forma de traxedia e estructurada sobre tres planos que se van intercalando, A teoría do caos propón ao xeito da Rayuela de Cortázar e o Paradiso de Lezama Lima múltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e a confrontación de formas de entender a conquista do paraíso, de recuperar a levidade, de vivir a vida. Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos.Nesa noite, Paco recordaba o que un día lle dixera Lucía, o seu amor primeiro, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: ?deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda?. Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propio fillo, Antonio ? O Roxo?, o inquedo estudiante de Físicas, o ecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidas paralelas, vidas de heroes revolucionarios que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como a de Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco, sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura do paraíso. ¿É inevitable cambiar de ideas ao chegar á madurez? ¿Non hai outro remedio que


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios