On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



A MEMORIA DE BETANZOS: ALBUM DE POSTAIS de ERIAS MARTINEZ, ALFREDO  DIAZ MARTINEZ, CARLOS
A MEMORIA DE BETANZOS: ALBUM DE POSTAIS

Autore
ERIAS MARTINEZ, ALFREDO DIAZ MARTINEZ, CARLOS
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483029694
Colección
GRANDES OBRAS. ÁLBUMS DE POSTAIS
Clasificación
Historia de Galicia
Precio
€ 36,25

?A memoria de Betanzos? recolle case un cento de gravados do século XIX, postais e viñetas de principios do século XX, catalogados e seleccionados por Carlos Díaz Martínez, que constitúen un paseo pola memoria gráfica da patria de Andrade o Bo, dunha cidade que foi ata 1833 capital dunha provincia do antigo Reino de Galicia. O presente volume, enmarcado na colección de Xerais de Álbums de Postais, presenta por vez primeira unha coidada selección da historia gráfica de Betanzos, indispensable para a conservación do patrimonio monumental desta cidade histórica e da mellor difusión do seu coñecemento.Estas páxinas recollen desde as marcas prefilatélicas da cidade de 1830, planos turísticos de 1836, ata un amplo monllo de vistas xerais da cidade, do río Mandeo, do peirao, da Ponte Vella, da Ponte Nova, da Torre do Reloxo, da Tumba de Fernán Pérez de Andrade, das igrexas de San Francisco e de Santa María de Azougue, da Casa do Concello, dos Cantóns, da praza do Campo e das rúas máis significativas da cidade. Particular importancia teñen na obra as imaxes relativas ás festas do Globo de Betanzos e dos Caneiros e ós xardíns do Pasatempo.O volume complétase cun fermoso texto evocador, ?Betanzos na memoria?, preparado por Alfredo Erias Martínez, historiador, bibliotecario e director do Museo das Mariñas, que constitúe unha viaxe paralela á memoria gráfica, pola historia e polos lugares de Betanzos. Os accesos polo Barrio das Cascas, pola Ponte Vella ou pola Ponte Nova, as transformacións que operou a chegada do ferrocaril, o subliñado góticos das igrexas, as rúas e bodegas da cidade, ou a praza do Campo, son espacios descritos con agarimo evocador e rigor histórico por Alfredo Erias. A presentación demorada dos xardíns do Pasatempo, promovidos polos irmáns García Naveira, e das festas dos Caneiros e do Globo de Betanzos completan un texto tan emotivo como indispensable para a recuperación da memoria colectiva de varias xeracións de betanceiros.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios