On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



A MEMORIA DE TUY: ALBUM DE POSTAIS de DIAZ MARTINEZ, CARLOS  CAMESELLE, CARLOS
A MEMORIA DE TUY: ALBUM DE POSTAIS

Autore
DIAZ MARTINEZ, CARLOS CAMESELLE, CARLOS
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483029114
Colección
GRANDES OBRAS. ÁLBUMS DE POSTAIS
Clasificación
Historia de Galicia
Páginas
96
Precio
€ 36,25

Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX.Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas, tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernández (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gándara; ademais doutras achegas tiradas do Portfolio Galicia, editado en 1904, que inclúe fotos do coruñés Pedro Ferrer e dos fotógrafos Páramo e Bugarín. Outros fotógrafos que participan neste legado de memoria son os clásicos Roisin e Ksado.Atopamos, tamén, os primeiros documentos gráficos editados de Tui, datados a mediados do século XIX, ilustracións de libros e da prensa ?ilustrada? realizados mediante técnicas de augafortes ou de gravados en estereotipia. Este é o caso do gravado de Joseph Skelton, unha fermosa paisaxe do Miño entre Tui e Valença, publicada nun libro inglés en 1840, ou da vista da Catedral, ou da Ponte Internacional, publicadas pola Ilustración Gallega y Asturiana en 1879 e 1880, respectivamente, evocadoras daquel Tui que fora unha das capitais do antigo Reino de Galicia e sé episcopal ata arestora.Iniciamos o percorrido coa imaxe de ?O gaiteiro de Guillarei? (1903) e das vistas panorámicas da vila, da Ponte Internacional e do Miño. Continuamos cos gravados e fotografías da Catedral e dos seus tesouros; coas instantáneas da vida cidadá na Corredoira, no paseo de Elduayen, na Glorieta e na Alameda, na Praza da Inmaculada; nos arrabalde de San Domingos e da Canicouba. O volume complétase, nas súas páxinas finais, con postais do río Louro, e dos muíños e do traballo aldeán de Caldelas de Tui.O material gráfico de A memoria de Tui vai precedido por unha evocación literaria da vila, preparada por Roque Cameselle. Un texto rico e moi documentado que constitúe unha viaxe paralela pola memoria da cidade.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios