Novela breve, traducida por María Xosé Queizán, na que se aborda con inusual profundidade a cuestión do incesto. Un fermoso e sensible relato que conta a historia de dous irmáns, Ana e Miguel, que perden a súa nai tras unha longa enfermidade e que quedan unidos para sempre por unha relación que levarán en secreto deica a morte.