On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



ESPAÑA A EUROPA: DO FRANQUISMO AO EURO de DOMINGUEZ CASTRO, LUIS
ESPAÑA A EUROPA: DO FRANQUISMO AO EURO

Autore
DOMINGUEZ CASTRO, LUIS
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483027461
Colección
OBRAS DE REFERENCIA. MANUAIS. CIENCIAS SOCIAIS
Clasificación
Historia de España. Edad Contemporánea
Precio
€ 15,60

Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet, promovida pola Comisión Europea, nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores da Universidade de Vigo dende distintas especialidades: historia, ciencia política e da administración, socioloxía e economía. Así Luís Domínguez Castro aborda os aspectos históricos analizando, entre outros aspectos, a idea de Europa no pensamento español do século XX, as relacións coas Comunidades durante o franquismo e na etapa democrática. Celso Caneda Outeda estudia o sistema polçitico-institucional e xurídico da Unión Europea. Argimiro Rojo Salgado estudia as Comunidades Autónomas e a Unión Europea. Alberto Saco Álvarez analiza a converxencia demográfica entre España e Eáuropa. Manuel González Fernández expón as transformacións e imaxinarios dos espacios e sociedades rurais. Xulio Pardellas de Blas analiza os aspectos económicos, realizando unha análise comparada da economía española e europea e estudiando, entre outros, aspectos de economía aplicada referida a sectores como a agricultura, pesca e o futuro do turismo. Por último, Mónica López Viso aborda as políticas comunitarias referidas ao emprego, Enrique José Varela Álvarez as políticas públicas e medioambientais e Xan Bouzada Fernández as políticas culturais. Deste xeito ofrécesella aos alumnos e alumnas, e ao público galego en xeral, unha ferramenta útil para informárense sobre o futuro de Europa e para dalgún modo, participar nun debate sobre as institucións comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do legado histórico de todos os europeos. Así mesmo é tamén unha ferramenta para buscar colectivamente fórmulas que nos permitan conservar os sinais básicos da nosa identidade cultural e ser partícipes dun novo desenvolvemento comunitario máis solidario.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios