On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



AS COUSAS DE BERTA de COLLINSON, ROGER
AS COUSAS DE BERTA

Autore
COLLINSON, ROGER
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483027676
Clasificación
Literatura Infantil. de 7 a 9 Años
Precio
€ 5,80

A Berta ocórrenlle as cousas mais incribles. O caso é que pertence a unha familia normal, vai ao colexio, celebra o Nadal, gústalle o chocolate, cáelle o primeiro dente coma a calquera nena da súa idade. Sen embargo, hai algo nela que fai que todo sexa máis complicado, pero tamén máis divertido. A Berta non lle importaban un carrizo as aparencias. ¿Que importancia tiña para ela estar guapa comparado coa pasta e as lambetadas que podería comprar co que lle deixaría o rato Pérez? Se no mundo había unha cousa que Berta non podía soportar era non saber algo, e iso, moitas veces, vaile traer consecuencias imprevistas para ela. Berta era unha grande amante das regras sempre e cando se aplicasen a outras persoas, nunca sentía que se referisen a ela, e iso era outro problema ao que tiña que facer fronte coas súas mañas. Berta odiaba estar en segundo plano: se xogaba ás médicas, ela tiña que ser sempre a médica e abrir a Luci-a-veciña pola metade, e se xogaban a meigas e fadas, ela tiña que ser a meiga, porque era moito máis divertido ser malísima que sempre tan boa. A Berta encantáballe estar enriba do escenario con centos de persoas mirándoa: era ese tipo de actiz que vivía o seu papel ata ser capaz de variar o texto do mellor libreto Berta non gustaba de xogar con monecas, só unha vez metérase nun grave conflicto por enterrar unha da súa irmá maior, Hilaria. As cousas de Berta, o libro do escritor inglés Roger Collinson, ilustrado nesta edición por Antonia Santolaya, é unha divertidísima novela. Protagonizada por esa nena rebelde e bastante fedello, amosa como os rapaces e rapazas vanse sentindo donos dos seus actos, vanse facendo máis independentes. Collinson demostra neste libro desternillante que a vida dos nenos e das nenas pode ser divertida, malia ter que obedecer os maiores, pero tamén que hai que aprender a responsabilizarse dos propios actos e sufrir as consecuencias dalgunhas trasnadas.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios