Xosé Miranda e Antonio Reigosa, responsables da colección Cabalo buligán, pretenden dar acomodo nos dous volumes que titulan ?Contos de parvos e pillos I e II? a un tipo de relatos orais que se distinguen doutros porque sempre hai un protagonista e un antagonista que son unha cousa ou a outra. Non sempre gaña o pillo, pois, como na vida, moitas veces o aparente parvo resulta ser un disfrace dun grandísimo pillabán. Contos moi divertidos que agochan o riso inxenuo, a burla inocente, nos que aboia a retranca do país.?Contos de parvos e pillos I e II? dan continuidade ao amplo e rico abano de relatos orais tirados da tradición oral de Galicia, contos marabillosos, de maxia, de encantamento ou de animais. Unha edición coidada e un tratamento da ilustración de gran calidade iluminan esta sorprendente oferta literaria.O volume ?Contos de parvos e pillos II?, ilustrado por Hoa-binh Melgar, reúne os contos recreados por Xosé Miranda (?O galo, a escada e a fouciña?, ?As perdices do convite?, ?O matalobos?, ?o parvo e o xigante?, ?Bastián e Crispín?, ?os dez mandamentos?, ?O corazón do touro barroso?, ?Un bicho descoñecido?) e por Antonio Reigosa (?O adiviñador?).Cabalo buligán é un proxecto único en Galicia, que coa presente entrega acada os dezaoito títulos publicados, de recuperación e recreación da literatura de tradición oral que convida a lectores de tódalas idades a ler e contar.
