En 1959 publÃcase O cabaleiro inexistente, novela coa que Calvino dá por rematada a súa triloxÃa Os nosos antergos. Será sen embargo o propio autor quen propoña unha posibilidade diferente; segundo el, esta peza derradeira poderÃa tamén ser considerada como a introducción das outras dúas, posto que transcorre nun momento histórico anterior. E, doutra banda, enuncia o tema que será común ás outras: o home. Por iso os seus personaxes terán que loitar denodadamente contra do rigor das normas a que os obriga o seu medio; terán que opoñerse incluso a si mesmos para acadar un destino persoal e intransferible no que desenvolve la súa propia dimensión e a súa propia individualidade.