On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



TROBADORES E XOGRARES: CONTEXTO HISTORICO (HISTORIA Y CRITICA DAL ITERATURA MEDIEVAL) de RESENDE DE OLIVEIRA, ANTONIO
TROBADORES E XOGRARES: CONTEXTO HISTORICO (HISTORIA Y CRITICA DAL ITERATURA MEDIEVAL)

Autore
RESENDE DE OLIVEIRA, ANTONIO
Editor
EDICIONS XERAIS DE GALICIA SA
Isbn
9788475079455
Colección
UNIVERSITARIA. HISTO
Clasificación
Historia y crítica de la literatura universal
Páginas
208
Precio
€ 21,90

Marxinadas por séculos de centralización política, algunhas torres e pazos da nobreza dos séculos XIII e XIV marcan aínda a paisaxe portuguesa e galega agardando unha revalorización que os integre no patrimonio histórico da evolución do occidente peninsular. Abandonados, medio esborrallados, reducidos case a alicerces agochados baixo unha vexetación que sinala o desprezo no que os botaron, ou alterados e reconvertidos ó sabor das comodidades dos seus detentores sucesivos, remítennos a un tempo no que funcionaron como ordenadores da sociedade local, nun momento en que o poder rexio atopaba naturais dificultades para se afirmar. Foi neles, ou en espacios tutelados polos seus señores, onde as primeiras xeracións de trobadores fixeron oí-la súa voz en composicións que serían coñecidas como ?cantigas de amor?, ?cantigas de amigo? e ?cantigas de escarnio e maldicir?. A lectura actual destas cantigas, inviabilizada a posibilidade de reconstitución da súa compoñente musical das máis delas, apela, así, á súa inserción no mundo definitivamente perdido no que adquiriran a súa funcionalidade e ó que a penas podemos acceder hoxe a través da imaxinación controlada do historiador. António Resende de Oliveira, profesor da Universidade de Coimbra e grande especialista na investigación dos aspectos sociais, históricos e culturais dos trobadores recolle e sintetiza en Trobadores e Xograres, primeiro volume da Historia Crítica da Literatura Medieval que publica Xerais, as súas conclusións para o lector afeccionado, o filólogo ou o historiador da literatura. O volume contén achegas moi valiosas tocante ás cortes literarias señorais, as condicións de creación e transmisión da producción trobadoresca e un completísimo ficheiro biográfico de case 160 compositores, que é o máis completo desde o Cancioneiro de Ajuda de C. Michaëlis.Con esta obra, por vez primeira, os nosos autores medievais cobran corpo e relevo e deixan de ser sinxelas etiquetas identificativas para adquirir unha figura persoal e histórica tanxible, cuns intereses de clase e de clan.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios