On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



ELIPSIS E OUTRAS SOMBRAS de MENDEZ FERRIN, XOSE LUIS
ELIPSIS E OUTRAS SOMBRAS

Autore
MENDEZ FERRIN, XOSE LUIS
Editor
EDICIONS XERAIS DE GALICIA SA
Isbn
9788475079073
Colección
EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Clasificación
Literatura en Gallego
Páginas
0
Precio
€ 8,38

Esta edición inclúe o conto que dá título ao libro e que fora tachado por un fillo de puta anónimo con grosas aspas de lapis vermello na primeira edición. A censura actuaba no final do franquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nas décadas anteriores. A edición completa, que hoxe presentamos revisada polo autor, constitúena oito relatos: «Prólogo. Impunidade» + seis contos + «Epílogo. Ditadura das cousas». O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vilego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro. Os seis relatos centrais, empezando por «Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios