Despois dun longo período de espera, aparece Contiños da terra, o volume de relatos de Manuel García Barros, tamén coñecido polo seudónimo KenKeirades, en edición de Carlos Loureiro. A presente edición de Contiños da terra, volume de relatos de fonda raigame costumista e extraordinario calado popular, constitúe a terceira edición da obra, recollendo as ilustracións da edición realizada en Buenos Aires en 1953, enriquecéndose con diverso material fotográfico e cun estudio biobliográfico sobre a figura de Manuel García Barros.