On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



VOCES DA ATLANTICA de VV.AA.
VOCES DA ATLANTICA

Autore
VV.AA.
Editor
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Isbn
9788482888124
Clasificación
Arte Gallego
Precio
€ 30,00

Vinte e cinco anos despois Atlántica segue a ser un referente na arte galega. O Museo de Arte Contempóranea de Vigo e Editorial Galaxia propoñen neste libro que sexan os propios artistas os que nos acheguen ao que supuxo e hoxe significa un dos episodios máis brillantes da arte contempránea en Galicia. En Voces da Atlántica , a xornalista Carme Vidal e o crítico de arte David Barro conversan cos artistas Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Xabier Correa Corredoira, Alberto Datas, Manuel Facal, Xosé Freixanes, Antón Goyanes, Armando Guerra, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Francisco Leiro, Manuel Moldes, César Otero, Antón Patiño, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Silverio Rivas, Manuel Ruibal, Xesús Vázquez e Xosé Vivián, e fan unha lembranza dos tristemente desaparecidos Rafael Baixeras, Xosé Lodeiro, Francisco Mantecón, Guillermo Monroy, Reimundo Patiño e Mon Vasco. O 14 de agosto de 1980, na Casa da Cultura de Baiona, inaúgurase a primeira exposición de ATLÁNTICA, que tiña como obxectivo básico a promoción e espallamento das últimas tendencias das artes plásticas. Un cuarto de século despois, ATLÁNTICA continúa a espertar o interese no ámbito da arte e da cultura, tanto polo que supuxo como fenómeno como pola traxectoria individual que despois desenvolveron boa parte dos participantes naquela mostra, hoxe nomes centrais da plástica galega. O libro pretende recuperar a memoria daqueles anos pero tamén a súa enerxía e a certeza do futuro. Velaí de novo reunidos, coa súa voz individual pero tamén co sentir de pertenceren a un dos episodios máis brillantes da historia da arte contemporánea galega, os artistas que fixeron nacer e existir ATLÁNTICA.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios