O pensamento lúcido e sen pexas de Suso de Toro exprésase con contundencia e orixinalidade a través das páxinas de Parado na tormenta. A tensión da imaxinación creadora amósase nos seus aforismos, a súa visión sobre a tradición literaria galega recóllese nos retratos que fai de autores coma Rosalía de Castro, Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro e a súa capacidade crítica reflíctese na análise dalgunhas das cuestións fundamentais da cultura galega, desde a lingua á imaxe de si mesmos que os galegos teñen interiorizada.