On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



UN SAQUIÑO DE CONTOS de VV.AA.
UN SAQUIÑO DE CONTOS

Autore
VV.AA.
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483026105
Colección
INFANTIL E XUVENIL. MERLÍN. De 7 anos en diante
Clasificación
Bols narrativa española contemporanea del XIX al XXI
Precio
€ 7,81

Un saquiño de contos é o libro colectivo, de Xoán Babarro, Fina Casalderrey, Antonio García Teijeiro e Gloria Sánchez, co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100. Un libro que é un saquiño que garda no seu interior catro contos magníficos, ilustrados por Xan López Domínguez, deses que nos fan rir e nos emocionan porque están escritos co corazón.Xoán Babarro González preparou ?Macarrón de Narices?, as crónicas do reino de Narices, onde existe un enorme pazo con vidreiras de cebola, paredes de pedra e azucre, tellados de cenoria e xardíns de pirixel. En Narices vivía un príncipe moi chorón e de bico moi ruín. a quen non había xeito de atalla-la súa eterna rabecha.Fina Casalderrey soñou ?Un saco de estrelas?, a historia dunha vella louca, que pintaba o pelo e as uñas de tiras de cores, con pés descalzos que non facían ruído ningún ó pisar, A vella da tola levaba sempre un misterioso saco luminoso que semellaba ter dentro a luz de ducias de estrelas, saco que enfeitizaba ós nenos que a vían pasar camiño das leiras de Sobredorrío.Antonio García Teijeiro escribiu ?Verbas de sal?, o relato das andanzas de don Evaristo, un suposto tolo de Vilamollada, a pequena vila onde as nubes negras tinguen de gris as rúas estreitas. Don Evaristo, que viste sempre traxe e gravata negra, non fala, anda e anda polas rúas facendo sempre o mesmo percorrido: da súa pensión ás rochas da praia.Gloria Sánchez contactou con ?Florentino, o príncipe Quino?, nos tempos nos que os animais falaban nun país habitado por corrichos. Aquel extraño reino de porcos estaba gobernado polo rei Martiño, que vivía nun castelo, do que emanaba un cheiro tan fedorendo que os paxaros que pasaban por riba del caían ó chan privados do sentido e afogados por falta de osíxeno.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios