Sierra Fernández, Avelino Este libro relata todo o relativo á carabela Pinta: a súa orixe, preparativos da viaxe, navegación e vida a bordo, o descubrimento de América, a exploración das terras descubertas, a tornaviaxe e o máis destacado, a arribada da carabela Pinta a Baiona, acontecemento que converteu a esta vila na primeira en recibir toda a información do Descubrimento e en transmitir a nova da realidade do Novo Mundo. Este feito dá conta da estreita vinculación que dende hai anos Baiona mantén con todo o acontecido en 1492.