Dos cento setenta artigos que contén a Lei de Dereito Civil de Galicia, setenta regulan institucións de carácter familiar e sucesorio, feito que dá idea da importancia que, nas relacións sociais e económicas de Galicia, teñen os asuntos relativos ás herencias e ás transmisións patrimoniais. Neste libro o notario Victorino Gutiérrez Aller , experto en Dereito sucesorio galego, afonda na actual lexislación para achegar luz esclarecedora na letra da Lei.