Fortunato de Trasmundi é a historia dun curioso personaxe dun fantástico paÃs, o paraÃso secreto das Sete parroquias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquà e acolá, coñece tipos, historias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodia do tempo e da sociedade que vivimos.O primeiro de maio en Vigo, un lingüista sabio en Compostela, a unidade sindical, as liortas do futbol, a economÃa sumerxida na confección, a memoria dos devanceiros, o alcalde de Lugo, cregos, xornalistas, estudiantes, pescadores nas Malvinas, corvos mensaxeiros e algunha meiga veñen e van por estas páxinas cun ritmo trepidante e a imaxinación desbocada.Os antigos prÃncipes ou señores da cabalerÃa saÃan ós camiños a ver mundo e a iniciarse na vida. Asà fai tamén Fortunato, que deixa o seu Cuspedriños secreto e anda o paÃs identificando ós seus, habitantes misteriosos dun pobo misterioso.Velaquà unha historia fundamentalmente divertida, un divertimento que confirma no xénero da novela a quen todos recoñecen como un dos nos os primeiros poetas.
