Novela histórica moi ben estructurada e documentada, con momentos moi logrados e final aberto, que nos traslada á Europa de 1066, cando, trala morte do rei Edward o Confesor, se abre un dos pleitos sucesorios máis sanguentos da historia. A aparición do cometa Halley nese mesmo ano será interpretada como signo favorable á invasión de Inglaterra planeada polo duque Guillerme de Normandía.