On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



A HOMOSEXUALIDADE A DEBATE de VV.AA.
A HOMOSEXUALIDADE A DEBATE

Autore
VV.AA.
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483028901
Colección
EDICIÓN LITERARIA. XERAIS PETO. Claves
Clasificación
Psicología Sexual. Sexología
Precio
€ 6,00

Cinco ensaios que reflexionan, desde o pensamento feminista e homosexual,desde os colectivos de lesbinas e gais da Galicia, sobre as cuestións claves da homosexualidade hoxe e agora. "Hai que saír do armario", é unha das frases máis manexadas nos últimos anos por gais e lesbianas. Pero ¿Cal é o debate sobre a homosexualidade hoxe? ¿Onde se sitúa e en que termos se establece? ¿Cales adoitan ser as actitudes máis prexuízosas dos heterosexuais fronte aos homosexuais? ¿Por qué segue a haber quen se opón á homosexualidade? ¿Por qué existe a homofóbia e os homófobos que exercen a violencia contra os homosexuais? ¿Cales son as diferencias de criterio entre as feministas lesbianas dos anos 60 e 70 e as lesbianas dos 80 e 90? ¿Que din determinadas correntes do feminismo lesbiano acerca da heterosexualidade? ¿Quen defende a unidade gai e lesbiana? ¿Cal é a relación entre a homosexualidade e a doutrina católica? ¿Como se comportou historicamente a igrexa ante a homo-sexualidade dentro e fóra da institución? ¿Que é o orgullo gai? ¿Por qué están están obrigados os homosexuais a buscar espacios discretos onde relacionarse sen ser descubertos? ¿Responden as lesbanas e os gais a un arquetipo físico e psicolóxico caracterizable? Conscientes da necesidade de que se fale e se debata sobre todos estas cuestións, Xerais presenta este libro, A homosexualidade, a debate, como unha contribución que sirva para dar a coñecer que é o que se opina desde o pensamento feminista e homosexual e desde os colectivos de lesbianas e gais na Galicia actual. Conscientes tamén de que os homosexuais non poden seguir convivindo coa traxedia de ver restrinxidos os seus movementos a «dentro do armario», convidamos a cinco persoas para que, desde o debate, achegasen a súa opinión a través dos cinco interesantes artigos que se publican nestas páxinas.


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios