Rivas, �cunha importante obra narrativa, recoñecida e aclamada por público e crÃtica (Un millón de vacas, Premio da CrÃtica Española, 1990; En salvaxe compaña, Premio da CrÃtica, 1994; e ¿Que me queres amor?, libro de relatos que foi Premio Torrente Ballester, 1995 e Premio Nacional de Narrativa)� nunca deixou o carreiro de vagalumes da poesÃa. Seguiron: Anisia e outras sombras (1981), en colaboración con Xabier Seoane; Baladas nas praias do Oeste (1985); Mohicania (1987); Ningún cisne (1989), Premio Leliadoura: e Costa da Morte Blues. Estas obras, nalgúns casos recreadas en anos de recitais públicos por tabernas e escolas, nutren O pobo da noite, a antoloxÃa poética, acompañada dun disco compacto, onde Rivas recita trece poemas acompañado da música orixinal de guitarra de César C. Morán. Rivas confesa que a imaxe do pobo da noite está tomada dunha das Oracións Fúnebres de André Malraux, como homenaxe a todas aquelas persoas que manteñen o espÃrito, o corazón vivo, fronte a amnesia e o conformismo. Para Rivas �O pobo da noite é esa irmandade secreta que é o pobo que aÃnda le poesÃa�. A grande novidade do producto que presenta Xerais é a introducción, por vez primeira no ámbito editorial galego, dun disco compacto acompañando un libro. Rivas pretende con este novo soporte �chegar á xente e recuperar a dimensión oral da poesÃa�. O pobo da noite está prologado polo crÃtico Xesús González.
