Un libro co que miles de nenos e persoas maiores se introduciron na literatura infantil na nosa lingua. Publicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do papaio, unha lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central é a Galiña Azul , á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á dereita, non é unha galiña como é debido.