Entrevistei a mulleres de tódalas partes de Galicia.A historia de calquera persoa reflexa moitas veces a propia vida coma nun espello. O sentirse cómplice desta vida ou simplemente o comparti-las vidas doutra xente, desperta a reflexión e reduce as propias lamentacións e queixas para dar esperanza a unha saída nun futuro próximo. Ás veces, as propias preocupacións perden importancia frente ós graves problemas dos demais. Neste sentido, para algúns lectores quizais sirva de terapia o que están a punto de ler.