O Gran Guerreiro vese impoñente a cabalo e cuberto coa súa grande armadura. Non hai inimigo que se lle resista. Polo de agora. Vencedor en todas as batallas, o Gran Guerreiro atravesa un bosque a cabalo cando a neve que comeza a caer obrígao a acubillarse nunha cova. Nunca imaxinara que tería que librar a batalla máis importante da súa existencia.