On-line store con un amplio catálogo de LIBROS,  Libros en edioma y Puzzle - Textos de diversos géneros, escolares y universitarios -  Posibilidades; de publicar on-line y consultar textos universitarios y apuntes de las clases.
 
 
             
   
¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



A AURORA BOREAL (A MATERIA ESCURA) de PULLMAN, PHILIP
A AURORA BOREAL (A MATERIA ESCURA)

Autore
PULLMAN, PHILIP
Editor
FACTORIA K DE LIBROS
Isbn
9788496957176
Clasificación
Literatura juvenil
Precio
€ 16,00

Coincidindo co estreo cinematográfico de “La brújula dorada”, FAKTORÍA K vén de publicar a versión galega da novela na que está baseada, “A aurora boreal”, do escritor británico Philip Pullman, traducida por Fernando Moreiras. Ademais, a editorial viguesa segue contribuindo á normalización da lingua coa tradución de “O neno do pixama a raias”, o gran éxito literario do irlandés John Boyne, con Daniel Saavedra como tradutor. “A aurora boreal”, galardoada en 1995 coa Medalla Carnegie á mellor obra xuvenil, é a primeira parte da triloxía titulada ‘A materia escura’. Esta novela fantástica ambientada na época victoriana contén todos os ingredientes para atraer o interese de rapaces e adultos: estranas desaparicións, segredos, misións arriscadas, mundos paralelos e obxectos máxicos. Aborda temas como a rebeldía fronte ás convencións morais da época, a loita do ben contra o mal e o afán por adquirir coñecemento. A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectalismos e pola variedade de rexistros que quedan plasmados ao longo das máis de 300 páxinas desta apaixoante lectura, que comeza cuns versos do poeta e ensaísta inglés John Milton. Philip Pullman (Norwich, 1946) é un dos autores de máis éxito dos últimos tempos a nivel internacional. Os títulos desta saga situáronse no terceiro posto dunha enquisa realizada pola cadea BBC para coñecer os gustos literarios dos lectores británicos. Pola súa produción editorial, que abarca unha ampla variedade de títulos e xéneros traducidos a varias linguas, foi galardoado en 2005 no memorial Astrid Lindgren, entre outros premios, como o Guardian, o Smarties e Elinor Farjeon ou o Whitebread. FAKTORÍA K abre así unha nova liña editorial dentro da súa recén estreada colección de narrativa en galego, que comezou coas obras tituladas “O señ


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios