Que facer se o príncipe co que estás falando ten a cremalleira do pantalón desabrochada? E se a ministra que se achega a saudarte ten un moco asomándolle no nariz? Son moitas as ocasións en que te asaltan dúbidas semellantes. Non esperes atopar aquí as respostas. Neste manual non se contempla a totalidade de situacións da vida social. Pero abofé que será de grande axuda para chegares a ser a persoa educada e civilizada que a humanidade necesita que sexas.