Libro de ciencias cheo de preguntas e respostas que axudarán a nenos, e non tan nenos, a comprender o mundo dunha maneira amena e divertida. As explicacións veñen acompañadas de moitos datos curiosos e historias que axudarán a espertar o interese de todos pola ciencia. Este é o primeiro volume dunha colección de libros elaborados por unha física e unha bióloga arxentinas, Carla Baredes e Ileana Lotersztain , ás que se lles une o debuxante Javier Ba sile aportando unha nota de humor. As súas publicacións foron recoñecidas con varios premios a nivel internacional. É un libro recomendado para curiosos de entre 8 e 108 anos.