Co titulo do libro , realizouse un curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co patrocinio do banco Caixa Galicia, e del saíu este gran libro. Coa finalidade de afondar nunha temática, as literaturas infantís e xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas e diplomaturas e, sen embargo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Analizouse o impacto e a presenza da Guerra Civil nas manifestacións culturais e artísticas das últimas décadas e a abundante bibliografía crítica xerada arredor do tema, inclúense enfoques panorámicos que abordan o tratamento do tema nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa, vasca, co engadido de dúas achegas que estudan a presenza da contenda española na produción en lingua alemá e inglesa. Tamén se presentou unha selección de obras narrativas nas que se trata a Guerra Civil española, dezasete das cales son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores e mediadoras algunhas claves de aproximación para o seu uso na educación literaria. Os participantes desta publicación e curso representan a todos os axentes que fan posible a comunicación literaria: investigadores de todo o marco ibérico, é dicir, casteláns, cataláns, vascos, portugueses e galegos; editores, escritores, libreiros, bibliotecarios e profesores.
