Os muíños de Riamontes . Contos da miña aldea Un libro ameno de ler que nos fala do pasado dunha parroquia de Ames desde as vivencias do seu autor. Relata a forma de vida dunha aldea próxima á cidade de Compostela, cuestións relativas á produción agraria, a dor e a pegada deixada polos veciños e veciñas que emigraron, as vivencias durante a Guerra Civil, etc&, todo isto contado coa paixón de alguén que o viviu.