Hai un mozo que non sabe como dicir na súa casa que vai ter que repetir curso e un vello, o seu avó, que devece por deixar a cidade para voltar a súa aldea. Cando o mozo se ve acosado por unha escura débeda de drogas, alíase co vello para que financie unha fuxida conxunta. Extraña parella a que colleu dirección, en autostop, cara o concello de Brumoso. Achan pousada na illada casa dunha muller, a vella Felisa, que semella gardar un tétrico segredo, nun pozo atoado con cascallo. Unha patroa certamente perigosa. O mozo terá moito que contarlle a súa amiga, cando regrese á cidade. Brumoso é unha novela realista que aborda o difícil choque entre a cultura urbana e a do mundo rural tradicional, a das preocupacións dos nosos adolescentes de hoxe e a dos nosos maiores.