Xavier Queipo, traductor do libro, conta na nota final “Joseph Conrad e a arte de escribir”: “Nunha época onde as publicacións en folletín eran interesantes e populares, Tifón (Typhoon) foi publicada por primeira vez na Pall Mall´s Magazine entre xaneiro e marzo de 1901 e segundo unha lenda urbana, que pode ser verdadeira ou falsa, foi escrita integramente no Hotel Raffles de Singapur. “Algúns críticos ven a Tifón como unha novela voluntariamente dramática, contra a opinión do propio Conrad que considera que contén moitas pasaxes, se non divertidas, si cando menos, irónicas e ata estimuladoras do sorriso (como a pasaxe onde se fala da bandeira do Siam e da posibilidade de que o elefante se sitúe cabeza abaixo). O certo é que a apoteose do dramatismo (o tifón en si mesmo) non se acada ata os capítulos V e VI. A novela remata cunha carta, o mesmo recurso que Conrad utiliza nunha das súas obras máis coñecidas, Lord Jim. “O capitán McWhirr (o auténtico), que logo dará orixe ó célebre capitán estoico e algo obtuso (característico anti-heroe conradiano), era máis animado que o seu dobre imaxinario tal e como o describe o propio Conrad en The Mirror of the Sea onde tamén conta que navegaron xuntos no ano 1887. “No prefacio de The Nigger of the Narcissus, que algúns consideran o credo estético de Conrad e onde se recolle a súa concepción da natureza, das relacións humnas e moi particularmente da vida no mar, insiste en que as calidades para soporta-la natureza, das relacións humanas e moi particularmente da vida no mar, insiste en que as calidades para soporta-la dureza da vida en alta mar son o endurezemento psicolóxico e a ausencia de reflexión (e non a imaxinación e intelixencia). Por iso, se cadra, o capitán McWhirr pódese ver como retrato paradigmático dun home adaptado á vida no mar, distante cando no seco coa súa familia, certamente apático e pouco ou nada reflexivo. Lembrar aquí, aquela p