¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



PARA DICIR ABRIL de VAZQUEZ PINTOR, XOSE
PARA DICIR ABRIL

Autore
VAZQUEZ PINTOR, XOSE
Editor
SOTELO BALNCO EDICIONS
Isbn
9788478245420
Clasificación
Literatura en Gallego
Precio
€ 15,00

Para dicir abril. Cunha estrutura encabezada por poemas de Safo de Lesbos, a protagonista vai esmiuzando, nun xogo de intertextualidades, o que é a súa vida, marcada por un pasado de relacións imposibles de esquecer, dende a primeira infancia ata o momento presente. Vázquez Pintor, cunha linguaxe luminosa e unha poeticidade de imaxes que esixen do lector unha participación activa, explora algunha das vetas máis escuras do ser humano, a soidade, os grandes traumas, a dor en estado lacerante, para deixar constancia da catástrofe emocional que supón enfrontarse a vivencias límite. Solidez, coherencia e complexidade formal conforman este universo rico que se rexe polas leis da simultaneidade perfecta de planos espazo-temporais, pola evocación de poemas que, coma ecos, reinventan a memoria devastadora que nos dá a medida da concepción de que todo é cíclico, illa, fulgor do instante. O libro, que pode ser lido como un longo poema en prosa, como as páxinas dun diario íntimo ou como uns delicados apuntamentos que convidan á reflexión, foi definido polo xurado do Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2007 como “Unha novela innovadora cunha gran carga poética na que abundan as figuras literarias. Sorprende o xogo temporal, a presenza do mundo dos sentidos e o achegamento a un tipo de sexualidade minoritaria” Velaí o testemuño dunha biografía insubornable.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios