¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



O PROCESO de KAFKA, FRANZ
O PROCESO

Autore
KAFKA, FRANZ
Editor
SOTELO BALNCO EDICIONS
Isbn
9788478244347
Clasificación
Poesia en gallego
Precio
€ 13,00

A obra, traducida do alemán por Luís Fernández Rodríguez, conta ó remate cunha nota sobre o autor e a obra e outra sobre a traducción. Nesta última, o traductor dinos que «Kafka sempre loitou cos seus editores para que respectasen o tamaño dos grandes bloques da súa prosa, dividida en parágrafos que se estenden ó longo de páxinas. Para lograr isto, cómpre respectar tamén o xeito en que se marcan en alemán os diálogos; é dicir, mediante comiñas e non con guións». Josef K., o protagonista de O proceso, é detido, pero ninguén lle di de qué o acusan; tamén se lle comunica que, polo demais, pode seguir levando a mesma vida de sempre. Posteriormente, o tribunal ante o que deberá presentarse reúnese no faiado dun barrio obreiro e os códigos nos que consulta as leis resultan ser libros pornográficos. A narración guíase por unha lóxica onírica na que todo —detención, acusación, tribunais, avogados, condena— aparece desenfocado e convertido nun enigma. Faltan as causas, as explicacións, o sentido global. O existencialismo dos anos corenta converteu a Kafka no profeta do antitotalitarismo, e as interpretacións posteriores —hermenéuticas, teolóxicas, psicanalíticas, sociolóxicas— acabaron sepultando as súas obras baixo unha montaña de espesa erudición. Cómpre, xa que logo, que leamos con ollos novos novelas como O proceso para gozar do variado conxunto dos seus episodios —entre os que se inclúen, xunto a lances de seducción e escenas dunha comicidade propia do cine mudo, momentos dunha arrepiante violencia— e, así, deixar de lado a simplificadora imaxe en branco e negro do que se adoita denominar co adxectivo «kafkiano».

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios