O hotel Riverside Palace de Salobreña, un antigo palacete inspirado na Alhambra de Granada, aínda se ergue fronte ao mar. No seu xardín traseiro hai unha pequena tumba, sempre cuberta de flores. Se se lles pregunta aos empregados do hotel, calquera deles pode contar esta increible historia que sucedeu non hai moito tempo... Co toque de intriga constante ao que nos ten habituados Juan Madrid nas súas obras, e que manexa con mestría, esta novela negra transmite non só unha trama de crimes, unha aventura trepidante, senón tamén os olores e sabores do sur, a súa vexetación, o seu mar e o seu ceo e, sobre todo, un mosaico humano cheo de xestos heroicos e de mesquindades