Ó subtitula-la presente obra coa palabra semirreportaxe, se cadra Camilo Gonsar maniféstano-lo seguinte: o argumento quere consistir, efectivamente, nunha reportaxe, aquilo que tenciona o personaxe que fala en primeira persoa, unha reportaxe na súa vila sobre un episodio da guerra civÃl; pero tal obxetivo ficará falido, pois a resposta á cuestión quen matou ó Perito de Guitián mal pode ser dada por aqueles que non queren nin oÃr falar do tempo pasado do 36, sen dúbida interesadamente. De aà a denominación semirreportaxe, isto é, reportaxe que só chega á metade, que non consegue o que realmente pretende. Ocorre non obstante, que desde o momento -esclarecedor e rotundo acto simbólico- en que o reporteiro esquece o magnetofón na casa do semi-esperpéntico Dr. Zhivago, unha realidade superior acaba de imporse: a do presente, a realidade dolorosa que, de maneira patética e con trazo seguro, o escritor nos ha revelar esa tarde e esa parte da noita nas que o despropósito e mailo absurdo serán de novo lugar común das nosas vilas, no caso de se producir nelas algún suceso imprevisto.