¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



A FERIDA de PAZ, BEGOÑA
A FERIDA

Autore
PAZ, BEGOÑA
Editor
Edicións Xerais de Galicia
Isbn
9788497820904
Colección
Xerais petoAbismos, 7
Clasificación
Literatura en Gallego
Precio
€ 10,70

A ferida é un libro que fala, sobre todo, das mulleres. Aínda que, por riba diso, fala da vida, desa vida que ás veces se atrincheira nos nosos corpos, seguros baixo as máscaras, protexéndonos coas mentiras de sempre, ignorando que a felicidade vai máis alá dunhas poucas faíscas que enganan a vista. A ferida é un libro contundente. E, desde esa contundencia, a súa autora, Begoña Paz, relata historias que ninguén quere escoitar. Nestas páxinas, as feridas supuran sobre a vida e toda a escuridade que permanece agochada dentro de nós flúe fervendo coma auga ardente dunha fonte termal. Os relatos de A ferida están escritos con resolución, son potentes e evocadores, e teñen a grande virtude de que non deixan indiferente a ninguén. Entre estas liñas, escritas a pulso suoroso, desfila a paixón, a desespereación, a soidade (a peor: a soidade en compañía), a mentira (como vida, como estigma, como amor), o desconcerto, a insatisfacción, a aldraxe, a violencia, o medo, a destructiva autocompaixón, o sexo (o que salva e o que destrúe), a resistencia, e tamén o humor, como máscara. Coma se o feito de pechar os ollos abondase para fuxir da infinda tristura de estar vivo, para gozar da infinda beleza da existencia.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios