Recupéranse para a serie Literaria da colección Xerais Peto, os cinco relatos polos que DarÃo Xohán Cabana obtivo o Premio Cidade de Lugo. Cinco relatos que son un canto á liberdade, tanto individual como colectiva. Cinco contos, descaradamente sentimentais e nostálxicos. Vidas senlleiras, o libro de relatos co que DarÃo Xohán Cabana obtivo o Premio Cidade de Lugo, recupérase para a colección Xerais Peto. Literaria. Vidas senlleiras é un canto á liberdade, tanto individual como espiritual ou colectiva (Paco MartÃn). Italo Calvino trasloce a través do tecido destes contos, descaradamente sentimentais e nostálxicos (M. Sousa). Cinco relatos, engarzados pola pertenza común dos seus protagonistas ó xénero solitario. Unha soidade, ás veces buscada e outras forzosa, que termina por darlles un sentido tremendo ós seus posuidores (Leer, Vicente Araguas). Consciente das técnicas do relato oral, D. X. Cabana abre e fecha as distintas caixas das que resultan múltiples historias que van deseñando todo o percorrido e todo o universo que define aos protagonistas (Faro de Vigo, Ramón Nicolás). Hai cinco protagonistas cos que o lector acaba compartindo loucuras, pensamentos... Por detrás de todos eles circulan as imaxes doutros xa clásicos heroes da literartura universal: Robin Hood, Robinson Crusoe... vidas tamén feitas desde os máis Ãntimos recunchos de espÃritos aventureiros (El Correo Gallego, Xavier Castro). Ninguén pode negar que DarÃo Xohán Cabana é un dos escritores galegos que mellor coñece o idioma, tanto nas variantes cultas como nas populares (A Nosa Terra, XGG).