¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



UN FELIZ MUNDO NOVO de HUXLEY. ALDOUS
UN FELIZ MUNDO NOVO

Autore
HUXLEY. ALDOUS
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483020562
Colección
EDICIÓN LITERARIA. GRANDES DO NOSO TEMPO
Clasificación
Literatura en Gallego
Páginas
264
Precio
€ 11,80

Aldous Huxley naceu o 26 de xuño de 1894 preto de Godalming, Surrey, no sur de Inglaterra, no seo dunha familia ilustre. Estudiou en Eton, un dos colexios elitistas ingleses de máis prestixio. Estando alí contraeu unha doenza na vista da que nunca se recuperaría por completo e que lle fixo abandonar temporalmente os seus estudios así como a idea de dedicarse á medicina. Este trauma, a morte da súa de nai de cancro dous anos antes, en 1908, e mais o suicidio do seu irmán Trevenen en 1914 serán os tres feitos desgraciados que deixarán unha pegada indeleble no xove Huxley. Abandonada a idea da medicina, Huxley gradúase en Lingua e Literatura inglesas en Oxford, en 1916, e comeza a dedicarse á actividade que será o eixe central da súa vida: a literatura. Comezou escribindo poesía e mais relatos curtos con pouco máis de vinte anos, pero foi a súa primeira novela Os escándalos de Crome (1921) a que estableceu a súa sona literaria. A esta seguíronlle Feno estraño (1923), Aquelas follas secas (1925) e Contrapunto (1928), todas elas sátiras brillantes nas que Huxley, inxeniosa, mais implacablemente, somete a xuízo os puntos fracos da sociedade contemporánea. A obra que Xerais publica na súa colección Grandes do Noso Tempo, en traducción de Anxo Romero Louro, Un feliz mundo novo, apareceu en 1932 e debe o seu título a unha cita shakesperiana de A tempestade. Catalogada como unha obra antiutópica, réplica en certa medida da utopía de Wells, constitúe unha sátira adubiada de cruel humor dun mundo futuro, tecnificado e aseptizado ata a náusea. Nela, Huxley emprende un axuste de contas coa civilización tecnocrática da que é orixinario e describe a situación á que tende a sociedade industrializada ó santificar a ciencia e mais a técnica e pólas ó servicio do poder, un poder, por outra banda cada vez máis concentrado, máis reforzado e omnipresente. Pretende ser un aviso, por un lado, en contra das sociedades capitalistas e dos aspectos deshumanizados do progreso científico e material, encarnados para o autor na sociedade americana, e por out

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios