¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



UN DIA DE CAZA de ABELEIRA, JUAN
UN DIA DE CAZA

Autore
ABELEIRA, JUAN
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483029380
Clasificación
Literatura Infantil. de 7 a 9 Años
Precio
€ 7,50

Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as súas culturas e as súas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para tódalas comunidades árticas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, é que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, aínda nos pode ensinar moito. Transcorridos dez anos dende a súa nacencia, en Un día de caza, Nunavut, impulsada pola arela de paliar a escaseza de comida que sofre a súa aldea, vese envolta nunha aventura con traza de soño na que coñece a unha simpática balea en apuros e a un enigmático xerifalte, que a axudarán a acadar o seu propósito.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios