¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



SI HOME SI de PEREIRO, XOSE MANUEL
SI HOME SI

Autore
PEREIRO, XOSE MANUEL
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483027097
Colección
EDICIÓN LITERARIA. CRÓNICA
Clasificación
Ciencias de la Informacación. Comunicación Social
Páginas
312
Precio
€ 15,03

A xente importante, os xefes de Estado ou as figuras transcendentes do escenario internacional non terían chegado a onde están de ter cometido a estupidez de dicirlles a verdade os periodistas. O espírito desta frase do periodista e escritor norteamericano P.J.O. Rourke é o que inspira o o cento de artigos de Xosé Manuel Pereiro que se recollen neste libro, publicados no xornal La Opinión de A Coruña. Son unha mirada ácida e descrida, pero á vez non exenta de tenrura do acontecer diario, dende os cambios dos nosos costumes e forma de vida ata a complexidade da situación política nacional e internacional. Textos narrativos vibrantes, directos, intelixentes, e sobre todo divertidos. Unhas auténticas radiografías do noso tempo que desvelan o que subxace ás noticias do día a día e analizan a súa repercusión na nosa sociedade. Si home si é un exercicio dun xornalismo rabudo, que desmonta as falacias de calquera poder ou do comunmente establecido e provoca a reflexión... e o sorriso. Porque como di o propio autor, unha crítica non ten por que ser un laio ou sermón. Xosé Manuel Pereiro (Monforte de Lemos, 1956), é na actualidade redactor de TVE na Coruña, correspondente de El País, director da revista cultural Bravú e coeditor do portal Bravú.net. Foi un dos fundadores da publicación La Naval (1986-87), e letrista e cantante do grupo de rock Radio Océano. Dende 1988 foi director e guionista de diversos programas de televisión: Canal 13 (1988), Composteláns (1989) e ¡Que Serán? (1999). Dende 1981 vén escribindo en diferentes xornais galegos, desde Faro de Vigo a La Voz de Galicia. En outubro de 2000 iniciou o seu labor como columnista en La Opinión de A Coruña. Si home si é o seu primeiro libro.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios