¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



ROMANCEIRO EN LINGUA GALEGA de MARIÑO FERRO, XOSE  BERNARDEZ, CARLOS L.
ROMANCEIRO EN LINGUA GALEGA

Autore
MARIÑO FERRO, XOSE BERNARDEZ, CARLOS L.
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483027547
Colección

Clasificación
Estudios sobre Otros Géneros Literarios
Páginas
0
Precio
€ 17,99

O romance, como xénero literario, ten de ser englobado dentro da literatura oral tradicional, documentándose a súa presencia desde o final da Idade Media en todos os territorios ocupados polas linguas románicas hispánicas. Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco. Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco. Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias da literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios