¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



RAPAZAS de FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN
RAPAZAS

Autore
FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483026655
Colección
INFANTIL E XUVENIL. MERLÍN. De 11 anos en diante
Clasificación
Literatura juvenil
Precio
€ 7,50

Este libro consta de cinco relatos nos que a protagonista é sempre unha rapaza cos problemas e vivencias desa idade fronteiriza en que remata a infancia e comeza a adolescencia.Visitante das estrelas é un conto de ciencia-ficción. Unha extraterrestre vén á Terra e métese no corpo de Laura. Dende ese observatorio privilexiado, analizará a vida dos humanos e verase envolta nos conflictos sentimentais e ideolóxicos de Laura.Unha pedra na area conta a historia de Alba, unha rapaza que atopa unha estraña pedra durante un paseo pola praia. Esa pedra axudaralle a resol ve-los seus conflictos sentimentais.Un curso con Ana é un conto en que, a través de múltiples voces, imos coñecendo o revulsivo que supuxo a chegada de Ana a un centro de ensino caracterizado pola pervivencia de comportamentos sexistas.A primeira meta sucede no tempo que dura unha carreira de campo a través. Mariña, a rapaza que a gaña, vainos contando todo o que fixo falta para que fose posible ese momento.Dúas rosas murchas é o relato máis longo do libro. Carme suspende varias asignaturas e os seus país mándana estudiar á aldea no verán, á casa dos avós. Unha vez alí, a rapaza empeza a senti-la presencia do seu amigo Pablo, que morrera afogado no río o ano anterior, e que parece querer comunicarse con ela. Esta presencia vaise facendo máis intensa, ata chegar a un sorprendente remate.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios