O fotógrafo Manuel G. Vicente ofrécenos neste fermosísimo libro o resultado feliz de dez longos anos de traballo nos Camiños a Santiago.Un libro tenro e conmovedor feito desde dentro do propio Camiño. Cun texto divertido e moi suxerente (en galego, castelán e inglés) de José Antonio de la Riera no prólogo, Peregrinos constitúe un retrato fotográfico, vivo e universal da alma das persoas que transitan e habitan no Camiño. Encuadernación: Rústica.