Pensamentos impuros inscríbese na tendencia literaria daqueles autores que non só afir-man ter dificultades para distinguir entre ficción e realidade, senón que cuestionan o dominio da vixilia sobre o soño e sosteñen que non paga a pena diferenciar entre soños, memoria e imaxi-nación. Esta obra de Borrazás, tan inclasificable como o fora O desintegrista, coa cal establece pun-tos de contacto ben visibles, sitúase á mantenta nun territorio que semella cotián e inmediato, de xeito que os seus personaxes poderían confundirse con calquera lector ou lectora, se non nos afastamos dunhas determinadas coordenadas socioculturais. Desde o seu punzante e intelixente estilo habitual, Xurxo Borrazás crea en Pensamentos impuros un remuíño de creación onde as augas da reflexión, da cotianidade, da literatura e da vida se dan a man. Cun estilo ameno, desenfadado e que capta o interese dos lectores, Pensa-mentos impuros remítenos a ese Borrazás intelixente e cheo de talento. A voz principal de Pensamentos impuros (quizais unha voz dobre) pode reflexionar e ser crí-tica, pero non modificar substancialmente as poderosas forzas que actúan sobre nós e recom-poñen unha e outra vez o escenario gobal a conveniencia.