Anxo Angueira mereceu o Premio Xerais 1999 por unha novela que pretende ofrecer unha perspectiva ?contracanónica? da aldea. Narrada cunha lingua riquísima e viva, onde non faltan as variantes dialectais e un estilo inusitadamente épico, Pensa nao é unha biografía colectiva de Sernanselle, o espacio ficcional que lle é propio ó autor. Pensa nao de Anxo Angueira foi a novela merecedora do Premio Xerais 1999. Anxo Angueira (Manselle, 1960) é Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Instituto Meixoeiro de Vigo. Coterráneo de Eusebio Lorenzo Baleirón, coordina o premio de poesía que leva o seu nome. Estudioso da literatura galega, ten publicadas: Guía de lectura de Con pólvora e magnolias (1992) e De Rosalía a Dieste, 33 Anos das Letras (Xerais,1995). Como poeta publicou: Val de Ramirás (1989) e O valo de Manselle (Xerais, 1996). Como narrador: Bágoas para facer illas (Xerais, 1996), Premio Café Dublín, 1996.En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política. Para Marianela Álvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais, ?Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada no noso idioma nos últimos tempos. É unha novela moi ben ideada e magnificamente estructurada, cun léxico riquísimo que abrangue desde o empregado polos diferentes oficios ata o correspondente aos labores do campo, que marcan o paso do tempo dende o San Martiño de 1935 ata o 20 de xullo de 1936. Resulta moi destacable a entoación da frase galega nos diálogos, pouco habitual na literatura de hoxe. A lingua é moitas