¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



PAPAVENTOS de QUEIPO, XAVIER
PAPAVENTOS

Autore
QUEIPO, XAVIER
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483026174
Clasificación
Literatura en Gallego
Precio
€ 15,80

En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional. A historia de Papaventos ten a súa orixe na morte de Giovanni Portiero, traductor de José Saramago ó inglés. Portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de Ensaio sobre a Cegueira. Saramago contoullo, totalmente abraiado, a Donzelina Barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria The Paris Review, editada en Nova York no inverno de 1998, logo de recibir o Premio Nobel. Xavier Queipo quere ?que ninguén procure outra semellanza. Agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. Por respecto a Portiero. Por respecto a Saramago. Por respecto a quen lea esta novela?.A partir, pois, desta anécdota real Queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade.Papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio. Xavier Queipo (Santiago, 1957) ten publicado Ártico e outros mares (1990), Premio da Crítica Española; Ringside (1993), Diarios dun nómada (1993), Contornos (apuntes de filosofía natural, Xerais 1995), O paso do noroeste (1997), Premio García Barros; Mundiños (microrrelatos científicos, Xerais 1997), Manual de instruccións (ensaios de antropoloxía cultural, Xerais 1999), Malaria sentimental (novela, 1999) e Papaventos (novela, Xerais 2001).

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios