Levada ó cine en diversas ocasións, a novela O fantasma da Ópera combina maxistralmente o relato policial e a intriga co humor e, sobre todo, a fantasía. Gaston Leroux, en O fantasma da Ópera, amplía o campo da novela popular ata o mundo sobrenatural, creando un personaxe, o fantasma Erik, no que finalmente se encarna a maldade dunha figura máis humana que irreal. Erik é un ser humano dotado de prodixiosos talentos, home da superficie, pero sobre todo do fondo da terra, torturado polo seu aspecto físico (que agocha baixo unha careta), e a súa paixón pola música e pola cantante Christine Daaé. Escrita en 1910 a novela alcanzou grande éxito, constituíndose nun inesquecible referente literario, agora traducida para o galego por Ana Luna Alonso e Xosé Manuel Garrido Vilariño.