¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



O ATENTADO de FERNANDEZ FERREIRO, XOSE
O ATENTADO

Autore
FERNANDEZ FERREIRO, XOSE
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483023944
Clasificación
Literatura en Gallego
Precio
€ 15,25

Xosé Fernández Ferreiro é autor dunha ampla obra narrativa en lingua galega na que salienta de xeito especial a exploración pioneira dentro da nosa literatura de certos subxéneros, a procura de moi diversos eidos temáticos, e o emprego de diferentes técnicas axeitadas para a construcción dun universo literario múltiple. Xerais vén publicando e recuperando a maior parte da obra narrativa de Fernández Ferreiro, unha das primeiras figuras da novelística galega contemporánea, autor de títulos xa emblemáticos como A morte de Frank González (Xerais, ?Peto Literaria?, 1998), Morrer en Castrelo de Miño, A saga dun afiador, Agosto do 36 (Premio Xerais de Novela, 1991) e A cidade das chuvias (Xerais, 1994). O atentado, ata hoxe a última novela de Fernández Ferreiro, que Xerais publica na súa colección ?Narrativa?, enlaza con A ceo aberto (1981), na que creou a figura de Cándido, o garda de tráfico que en Madrid evoca a aldea nativa.En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos, sofre a tortura de verse chantado no corazón da capital de España entre un roncudo e estralicante mar de gomas e ferros. Baixo o seu casco branco de garda de tráfico, ocúltase un fresco sombreiro de palla. Opresivo como L´étranger, o sol madrileño de O atentado pon a luz para unha longa proxección na mente do protagonista: a lembranza dun mundo labrego e familiar definitivamente perdido, o reencontro imposible coa natureza e coa infancia, a nostalxia dun espacio válido para as relacións humanas fronte á dureza metálica e abafante das grandes urbes. O atentado móstranos, mediante un perfecto tecido de épocas e lugares, o conflicto que supuxo para milleiros de galegos abandonar as aldeas, xa en decadencia, para se converter en inxertos nun contexto sociocultural adverso. O atentado é unha novela de contrapunto que alterna admirablemente o monólogo interior coa narración retrospectiva, o espacio urbano co aldeán, a violencia coa tenrura. Ferreiro creou espacios, tempos e contrapuntos sen que se noten as soldaduras. Cándido é un pobre labrego, por iso Madrid o afoga e o aniquila, anque alí terá que seguir pois nunca poderá fuxir no tren dos seus soños que baixa poal Gran Vía camiño de Galicia, ata ser destruído dunha maneira dramática e inesperada. O atentado é unha his

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios