¿Tienes dudas, preguntas, consultas? ¡ESCRIBENOS! Estaremos a tu disposición para cualquier información que necesites.
LOG OUT
En esta sección encontrarás respuestas a las preguntas más comunes: modalidad de compra, entrega y envío, plazo de entrega, etc.
Entra en tu carrito...
Entra en tu pozo de los deseos...
¡Haga de Unilibro su página inicial!
Oferta Especial



MULLER CEIBA de CISNEROS, SANDRA
MULLER CEIBA

Autore
CISNEROS, SANDRA
Editor
EDICIONS XERAIS
Isbn
9788483021286
Colección
EDICIÓN LITERARIA. ABLATIVO ABSOLUTO
Clasificación
Literatura en Gallego
Páginas
96
Precio
€ 12,56

Explosiva e polémica, Muller ceiba é unha voz provocadoramente feminina, palabra erótica, humorística e mestiza que funde o made in America cos lagartos das lagoas do camiño a Yaxchilán, borrando para sempre a fronteira de Río Grande. Con Muller ceiba presentamos unha poeta descoñecida en Europa; Ablativo Absoluto é a primeria colección en acoller a traducción dun libro de poemas desta autora norteamericana que nos Estados Unidos ten recibido numerosos premios literarios. Sandra Cisneros naceu en Chicago en 1954 e vive en Texas. De ascendencia latina, a poeta debátese entre dúas linguas: o inglés, idioma da súa obra, e o español, idioma dos seus referentes máis queridos. En Muller ceiba, o terceiro libro de poemas de Sandra Cisneros, xúguense ata a mestizaxe os referentes do mundo cotián anglonorteamericano con palabras e frases en castelán e continuas referencias á cultura mexicana. Pero, sobre todo, Muller ceiba é palabra de muller, un libro feminino, explosivo e provocador que aporta unha linguaxe de grande dinamismo á poesía. Muller ceiba móvese entre a ironía, o erotismo e un fino humor de muller consciente e provocadora. Trátase, sen dúbida, dun dos libros máis atractivos dos publicados nos últimos anos na poesía norteamericana. Desde o made in America á fronteira de Río Grande, desde a vitalidade feminina ó humor, aquí están todos os elementos dun libro verdadeiramente excepcional.

Escribe tu opinion


Vuestros comentarios

Se han encontrado 0 comentarios